Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 14:56
Un home de 84 anos de idade faleceu na mañá deste mércores despois de ser rescatado da auga nas proximidades do peirao da Pobra do Caramiñal.
Segundo informou o 112 Galicia, poucos minutos antes das 10,00 horas deste mércores tivo constancia dun home que caera na auga, posiblemente, ao escorregar nunha zona de brión preto do porto.
O home xa fora rescatado por particulares e necesitaba asistencia médica urxente. Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertouse do sucedido ao persoal de Portos de Galicia, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Do mesmo xeito, púxose a situación en coñecemento dos membros de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Con todo, a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
En concreto, confirmaron a fontes sanitarias, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria para atender ao home R.F.P., de 84 anos, que a pesar das manobras de reanimación, faleceu no lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.