Anuncian reclamacións contra as comisións de Abanca: "estamos a estudar se son legais"

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) afirman que levarán o caso aos tribunais ou o Banco de España de ser preciso.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) anuncia que abrirá unha vía de reclamación ante o servizo de atención ao cliente de Abanca logo de recibir "numerosas queixas" ao longo deste último mes a respecto das comisións cobradas pola entidade bancaria. 

Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA
Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA | Fonte: arquivo

Segundo apuntan dende a plataforma, os cargos desenvoltos "poden achegarse aos 60 e 70€ semestrais", unha contía que cualifican de "importante e mesmo ás veces confiscatorias". Por este motivo, e segundo anuncian nun comunicado remitido a medios, a asociación xa está a estudar a legalidade dun proceso que comezou a xerar queixas a partir do 1 de xuño.

Dende a organización lembran que o servizo de reclamación anunciado resultará gratuíto para as persoas asociadas e accesible a calquera cliente da entidade que poida aportar documentación acreditativa dos cargos en cuestión, así como dos aboados en anos anteriores.

Aínda que, en principio, a reclamación de ACOUGA terá lugar perante o propio servicio de reclamacións da entidade, na organización non descartar rematar levando o caso ós tribunais ou o Banco de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta