Incerteza sobre a celebración da Feira Taurina de Pontevedra polas medidas contra a COVID-19

Os protocolos publicados no Diario Oficial de Galicia, establece que para verbenas, festas e outros eventos populares deben observarse certas medidas para previr contagios de coronavirus.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A tradicional Feira Taurina de Pontevedra, prevista inicialmente para o mes de agosto, podería non celebrarse este ano debido á "nula rendibilidade" derivada das restricións decretadas polas autoridades sanitarias para controlar a pandemia da COVID-19, segundo explica o empresario responsable da Praza, Eduardo Lozano.

Aínda que nun principio falouse de facer unha única corrida coincidindo coas Festas da Peregrina, agora ven "complicada" a súa organización. E é que os protocolos publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que non recollen concretamente este tipo de celebracións, si establece que para verbenas, festas e outros eventos populares deben observarse certas medidas para previr contagios de coronavirus.

En concreto, son obrigatorios o uso de máscara, a distancia interpersoal de metro e medio, os límites de capacidade --unha persoa por cada tres metros cadrados, ademais dun máximo de 1.000 asistentes en superficie menor ou igual a 8.000 metros cadrados e de 2.000 para superficies maiores-- e perimetrar o recinto. En espazos pechados, como podería ser a Praza de Touros, o aforamento xeral establecido é do 75 por cento.

Lozano, que se desprazará nos próximos días á capital provincial, podería anunciar "en poucos días" unha decisión que "aínda non está pechada". "A rendibilidade é nula, á parte de que non pode nin ir xente. Dar un festexo onde só vaian 400, 500 ou 800 persoas non o vexo práctico. Pero non está decidido", insiste o empresario.

"Aínda non está pechado, pero véxoo difícil", recalca, na súa conversación con Europa Press, na que tamén asegura que se reunirá co Concello --co que mantén un polémico convenio anual para destinar o recinto a usos municipais-- antes de adoptar unha postura final.

Con todo, segundo fontes do goberno local consultadas por Europa Press, o Consistorio "non organiza" as corridas, senón que é a propia Praza, rexida por Lozano, a que o fai.

'TOURADAS FÓRA', TAMÉN "PENDENTES"

Quen tamén están "pendentes" de se se confirma é o colectivo 'Touradas Fóra de Pontevedra'. O seu portavoz, Borja González, expresa que sería "unha noticia positiva" que por primeira vez "en décadas" non se celebrarían corridas na Boa Vila.

De confirmarse, afirma que a plataforma antitaurina probablemente suspendería unhas xa tradicionais mobilizacións que xa tiña "programadas" e sobre as que actualmente estaba "a debater" sobre o seu formato. "Estabamos a barallar unha concentración na que se puidese garantir as medidas de seguridade", indica. "Se se cancela, teremos que volver falar para saber se seguimos adiante ou non", engade González.

Corrida de Touros
Corrida de Touros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta