A Xunta agardou a despois das eleccións para recortar á metade unha subvención para protexer o galego

A partida, dedicada ó fomento da lingua nos concellos, pasou de 245.000€ a 100.000€. A resolución das axudas foi publicada 4 días despois dos comicios cando o habitual é que se resolva en xuño, segundo denuncia A Mesa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Poucos días despois de que Alberto Núñez Feijóo estreara a súa cuarta maioría intercalando o galego co castelán no discurso da noite electoral, a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recortaba en case un 60% unha das principais dotacións para a salvagarda e fomento do galego.

Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA
Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA

En concreto, e segundo publica o DOGA do 16 de xullo, a partida dedicada ó fomento do galego nos concellos da comunidade baixou dos 245.000€ a apenas 100.000, un descenso que deixa a subvención para cada consistorio en apenas 320€, como dá conta o responsable da Mesa pola Normalización Lingüística Luís Pérez na súa conta de Twitter.

O anuncio do recorte, pois, fíxose público apenas 4 días despois da reelección de Alberto Núñez Feijóo, unha circunstancia que afean dende a organización ."A resolución destas subvencións adoita ter lugar en xuño, pero neste caso foi atrasada coa pandemia como xustificación", apunta Luís Pérez.

Con todo, o descenso das contas non é unha novidade nin veu motivado exclusivamente pola covid-19, segundo reflexiona Pérez. "Nos últimos anos asistimos a un recorte progresivo deste e outros orzamentos que deixan claro que Feijóo non ten interese en protexer o galego", apunta. Neste sentido, destaca que en 2014 o orzamento chegaba ós 300.000€. "A situación é moi mala", coincide o presidente da Mesa, Marcos Maceira: "hai territorios con linguas non oficiais nas que a dotación é máis alta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

6 Bismutiño

La bloqueirada anda escocida por su monumental fracaso de tener a "muller presidenta de Galicia, nacionalistas, feministra y forrada" además de conseguir la cuarta mayoría absoluta de Feijóo, algo que con sus defectos nos ha salvado de la catástrofe de ser gobernados por un partido cuyo modelo es del de Corea del Norte, aunque ponga un florero más presentable que el de Kim Jong-un. Supongo que esto será el inicio del fin de la discriminación del castellano hablante en Galicia que se ejemplifica en la rotulación sólo en gallego, escritos de la Xunta sólo en gallego y pago de 150 euros a todo aquel que haga su TFM en gallego, por no hablar de la publicación infumable de tesis doctorales en gallego.

1 Ailalelo

Discriminación o castelán? Hahah eatsds moi subidiños, tranqui en Galiza moitos galeguistas votan Feixoo por iso non vai ir máis contra o galego, vas morrer ti antes co galego

2 Ailalelo

falas de Corea cando en Galiza pasades de avo, a pai a fillo, na Dep de Ourense e na Xunta con Albor, Fraga, franquista e a Feixoo, pp en Galiza DICTADURA

5 sempreighual

A Mesa pola Normalización Linguística paréceme unha institución bastante floxa e pouco efeciva, pero, comparada con Feijó e compañía, parecen traballadores da mina. Este tipo de fazañas destes individuos lembranme certo poema de Rosalia que nunca nengún profe leu na clase.

4 Németo

Feixóo: FDP. E pra tod@s @s lambecús do PP: FDPx19...

3 Rui do

Moi ben feito. O meu voto polo PP foi ben correcto. Xa está ben de manter tanto vividor do galego.

1 Ailalelo

Ou sexa que na Galiza tamén hai estes pailáns coma en Asturies?? Se soubese o que é LOITAR por algo, pero es do Pp, estades enfermos

2 Blueberrry

O que tamén chama a miña atención é que para o redactor desta nova, o feito de que o noso Presidente intercalase galego e castelán nas alocucións que fixo a noite electoral, sexa algo digno de resaltar. Non pode falar castelán no exercicio do seu cargo? É que para alguén o feito de usares unha das línguas oficiais é unha mostra de indignidade? Non representa Fejóo aos galegos que teñen ao castelán como língua propia? A realidade social galega amosa que caseque a metade dos cidadáns da nosa Comunidade son castelán falantes, e non vexo eu por qué a sua língua non debe ser empregada polo Presidente no exercicio das función públicas que o cargo leva implícitas. É mais, o feito de usares galego e castelán é unha mostra de respecto para todos. Esa debería ser a actitude común en todos os políticos de Galicia xa que esa é a realidade social do País.

1 uu1

Não, a realidade social do pais é que o 50% da população fica DESCRIMINADA, pois na Galiza há uma língua OFICIAL excluída e descriminada em quase todos os âmbitos públicos, alguém adivinha qual é? A LÍNGUA GALEGA É EXCLUÍDA E DESCRIMINADA na educação (obrigatória), diretamente quase excluída da universidade, e não digamos na justiça, policia, guarda civil, admiração do estado, sanidade, meios de comunicação, na TV há possibilidade de escolher o idioma galego? TODO ISTO VAI CONTRA O DIREITO DAS PESSOAS GALEGO FALANTES

2 zeHE

Que fai este escribindo en portugués?

3 uu1

SARMIENTO “a língua portuguesa pura não é outra que a extensão da galega”. FEIJÓO “o idioma Lusitano, e o Galego são um mesmo”. MURGUIA “o galego e o português são um mesmo na origem, gramática e vocabulário. Por que não aceitar a ortografia portuguesa, si nos foi comum em outros tempos, por que não ha de selo de novo”. CASTELAO “o galego é um idioma extenso e útil, porque, com pequenas variantes, fala-se no Brasil, em Portugal e nas colônias portuguesas”. Acho que zeHE tem que ler um pouquinho mais

4 Ailalelo

O castelán foi e é imposto, ten demasiada atención, pira da Galiza se nom che gusta, Feixoo xa nin fala galego pra que ademáis fale castelán; e o outro mona que fala do portugês coma se fose menos,pira da Galiza reneghado!!