A Xunta agardou a despois das eleccións para recortar á metade unha subvención para protexer o galego

A partida, dedicada ó fomento da lingua nos concellos, pasou de 245.000€ a 100.000€. A resolución das axudas foi publicada 4 días despois dos comicios cando o habitual é que se resolva en xuño, segundo denuncia A Mesa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Poucos días despois de que Alberto Núñez Feijóo estreara a súa cuarta maioría intercalando o galego co castelán no discurso da noite electoral, a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recortaba en case un 60% unha das principais dotacións para a salvagarda e fomento do galego.

Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA
Feijoo preside o Consello da Xunta. XUNTA

En concreto, e segundo publica o DOGA do 16 de xullo, a partida dedicada ó fomento do galego nos concellos da comunidade baixou dos 245.000€ a apenas 100.000, un descenso que deixa a subvención para cada consistorio en apenas 320€, como dá conta o responsable da Mesa pola Normalización Lingüística Luís Pérez na súa conta de Twitter.

O anuncio do recorte, pois, fíxose público apenas 4 días despois da reelección de Alberto Núñez Feijóo, unha circunstancia que afean dende a organización ."A resolución destas subvencións adoita ter lugar en xuño, pero neste caso foi atrasada coa pandemia como xustificación", apunta Luís Pérez.

Con todo, o descenso das contas non é unha novidade nin veu motivado exclusivamente pola covid-19, segundo reflexiona Pérez. "Nos últimos anos asistimos a un recorte progresivo deste e outros orzamentos que deixan claro que Feijóo non ten interese en protexer o galego", apunta. Neste sentido, destaca que en 2014 o orzamento chegaba ós 300.000€. "A situación é moi mala", coincide o presidente da Mesa, Marcos Maceira: "hai territorios con linguas non oficiais nas que a dotación é máis alta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 CastelaoPaSogama

Se a Mesa quere mantidos, que os pague a Mesa. Estes flipan, isto de vivir de mantidos se ten que acabar, por moito que berren os que se adican q facer que fan para vivir como dios a costa de todos.

1 Sentidiño

Eses cartos destínanse a programas dos concellos, ninguén da Mesa recibe un céntimo. É como dicir que as monxas viven dos cartos da cociña económica. Da miseria do corazón tamén fala a boca.

2 CastelaoPaSogama

¿Qui prodest? Ti queres facer tontiña á xente. Cóntame agora que os beneficiarios dos programas son afíns a Vox e non á Mesa...

3 uu1

Os que vivem a costa de todos são os do Instituto Cervantes 129 milhões no 2019 https://www.efe.com/efe/espana/cult... para.. o enchufismo? https://www.elconfidencial.com/cult... Oua RAG, mais 15 milhões anuais https://www.rae.es/noticias/el-gobi... Neste caso falamos de muitos milhões...claro que alguém que menospreza a Castelao e a todos os trabalhadores de Sogama não merece nem ser respostado.

4 nostrus

uu1 Certo que os traballadores de Sogama merecen respeto, pero Castelao ningún, eu polo menos non llo teño e paréceme un personaxe noxento. Si Franco non merece estar nun lugar de honra, Castelao tampouco. En canto ao galego...¿que necesidade hai de promocionar que fale galego xente que non o fai?, ¿non abonda que o use todo aquel que o desexe?, ¿quen ten que trocar o seu chip lingüistico para encaixar na enxeñeiria social nacionalista? , ¿gustaríache que foses ti?.

5 Sentidiño

Os beneficiarios dos programas son os concellos. Quen os aplican son o persoal deses concellos, afín a quen lles pete (tamén a Vox). Algún haberá que preferirá que non os concedan, para ter menos traballo na oficina... (A ligazón ao DOG está no texto da noticia).

6 uu1

Indignidade é misturar a Franco com Castelao, mas deixarei que sejam todas as pessoas que as receberam as medalhas Castelao, a condecoração mais elevada que outorga a unta de Galicia, quem ridiculize a sua postura, porque desde logo tenhem mais credito que você. Que necessidade há de promocionar o castelhano, 129+15 milhões anuais, só para o instituto Cervantes e a RAE? E sim, a melhor forma de promocionar o idioma galego é cumprires as leis, isto é, garantir o direito a usar o galego para, entre outras cousas, renovar o dni ou passaporte, declarar num juízo, ser atendido na sanidade, ver a tv, presenta uma denúncia ante polícia ou guarda cível e muitíssimas mais cousas habituais nas que os galego falantes estão DISCRIMINADOS

7 Ailalelo

Cateode Merda,a pa Sogama todo o PP e ti tamén que ben se ve que es dos ladróns feixistas de Box!! MERDOSTRUS das NOXO pra que imos fomentar comer sudable? ou a saúde sexual?? ou protexer a CULTURA GALEGA na súa propia terra? ou calquera cultura, que ti non tes, ti non serías capaz de escirbir nada técnico en galego; estades enfermos os NAZIonalistas españolistas do Pp

8 nostrus

Ailalelo, comer saudable débese fomentar, claro que si. Débese fomentar todo aquelo que é socialmente bon, pero falar galego é aséptico, nin bon nin malo, só obedece ao gusto de quen o fala e por eso debe deixarse a escolla de quen fale, ¿acaso falar español é malo?. A cultura debe deixarse tamén ao gusto de quen a practica, ¿acaso hai que obligar a alguén a vivir nunha palloza?. A practica dunha cultura debe ser voluntaria, díceno os DDHH. A dia de hoxe os devotos da relixion galega son mais fanáticos que os da relixión católica. uu1, que saibas que Franco tamén recibiu moitas medallas, unha delas do Barça.