Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/07/2020 | Actualizada ás 18:30
Unha vertedura detectada no río Barbañica provocou a morte de 1.900 peixes, a maior parte troitas, informaron fontes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ( CHMS) e a Consellería de Medio Ambiente.
A vertedura produciuse este xoves nunha zona próxima ao Carrefour, entre os concellos de Ourense e Barbadás, nun río que xa rexistrou outros episodios de contaminación. De acordo coa CHMS, que considera esta vertedura "pouca significativa", a localización fai pensar que "podería proceder da rede municipal".
Responsables da confederación tomaron mostras augas arriba e augas abaixo do punto e fixeron un percorrido ata o río Barbaña, "pero non se apreciou nada anormal" noutras zonas. A auga analizarase agora nun laboratorio "a través dun perfil urbano con detección de nutrientes", explicou.
Ao lugar tamén acudiron axentes ambientais do servizo de patrimonio natural de Ourense, dependentes da Xunta, que recolleron os peixes mortos, uns 1.900, segundo a estimación inicial. Fuentes deste servizo manifestaron que será "difícil" determinar a orixe da vertedura nun leito no que se produciron xa varios episodios de verteduras que provocaron "gran mortaldade" de fauna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.