As áreas mariñas de Illas Atlánticas e Os Miñarzos "xeran importantes beneficios ambientais", segundo un estudo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2024 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Un estudo con participación do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) reivindica a conservación ambiental de áreas mariñas de Illas Atlánticas e Os Miñarzos, segundo informa o reitorado.

Así o apunta un artigo recentemente publicado na revista científica Ecology and Society no que participou como autor principal o investigador Pablo Pita, pertencente ao grupo GIBE do CICA da UDC.

Nel, sublíñase que as áreas mariñas protexidas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Os Miñarzos "xeran importantes beneficios ambientais e sociais ao proporcionar Servizos Ecosistémicos Mariños".

No estudo, participa como autor principal o investigador Pablo Pita, do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE) pertencente ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC, en colaboración coa Xunta de Galicia e doutros autores das universidades de Cádiz e Vigo.

Praia de Rodas nas Illas Cíes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Praia de Rodas nas Illas Cíes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta