Antón Sánchez apela á "reflexión colectiva" para "ver como" Anova pode "seguir sendo útil nas loitas sociais"

A organización nacionalista homenaxea na Coruña no Día da Patria Galega aos represaliados durante a Guerra Civil e a ditadura.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/07/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O portavoz nacional, Antón Sánchez, apelou á "reflexión colectiva" dentro da organización para "ver como pode seguir sendo útiles nas loitas" sociais que, di, "van seguir estando aí" porque "os resultados electorais non borran a desigualdade social que hai" e "os posibles recortes que veñan no futuro".

Acto de Anova polo 25 de Xullo no Campo da Rata da Coruña
Acto de Anova polo 25 de Xullo no Campo da Rata da Coruña | Fonte: Anova.

Así se pronunciou o exdeputado autonómico antes de participar no acto de Anova polo Día da Patria celebrado no Campo da Rata da Coruña, onde renderon homenaxe aos represaliados durante a Guerra Civil e a ditadura. Alí estivo o histórico dirixente nacionalista e fundador de Anova Xosé Manuel Beiras, así como o exalcalde de Santiago Martiño Noriega, que abandonou a primeira liña política tras as autonómicas.

Por primeira vez desde o seu nacemento, Anova saíu o 25 de xullo de Santiago de Compostela, epicentro habitual do nacionalismo galego nas celebracións do Día da Patria Galega, que chegou dúas semanas despois das eleccións galegas nas que a coalición Galicia En Común-Anova Mareas sufriu un revés nas urnas que deixou ao espazo político da unidade popular fóra do Pazo do Hórreo por primeira vez desde o seu xurdimento no ano 2012.

"Os resultados electorais non borran a desigualdade social que hai, non borran os posibles recortes que veñan no futuro", comentou Antón Sánchez, que considera que os resultados do 12X marcan "o triunfo da moderación e da volta á normalidade", un "marco" que, di, Anova non está disposto a asumir.

O portavoz nacional da formación nacionalista incidiu en que, unha vez fóra das institucións, deben afrontar unha "reflexión colectiva" para saber "como" seguir "sendo útiles" ás "loitas sociais que van seguir estando aí" nos próximos anos.

"Estamos en política para mellorar a vida das persoas e no futuro creo que nalgún lugar ou outro estaremos", dixo Sánchez, que manifestou o seu respecto pola decisión de Antón Dobao, un dos fundadores de Anova e que dixo adeus aos seus cargos na organización nacionalista tras os resultados do 12X.

DÍA DÁ PATRIA

En canto á celebración do Día da Patria, o parlamentario durante as dúas últimas lexislaturas reivindicou as ideas de "anarquistas, sindicalistas, galeguistas e comunistas" represaliados no Campo da Rata da cidade herculina, un "pensamento que quixeron matar" e que Anova quere "lembrar para proxectalo no futuro".

"Sobran motivos, máis que nunca, para seguir na loita", incidiu Sánchez, que manifestou que o seu partido non quere "dar carta de normalidade" á "volta á normalidade e a moderación" que, di, supoñen os resultados das eleccións galegos.

"Que non conten connosco aqueles que se xactan do triunfo da moderación ou da volta á normalidade. Nós faremos unha reflexión, unha autocrítica necesaria, pero non colaboraremos en dar carta de normalidade ao que fan desde os gobernos e, en concreto, a Xunta de Galicia", expresou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Murguia 2070

están mortos e non o saben, nen sequera lendo a esquela no xornal do día despois... menudos analises, menudos contos... os recortes do futuro van ser dos vosos socios do podremios "tragadeiras" e demais... deixen os eufemismos non sufriron UN REVES... sofriron un aniquelameto en toda regla... o pobo dixo NON!!!!! a todas as que fixechedes nestes anos AGE,MARENATE,GALLEGOENCOMUN... o conto rematou... REMATOU.... QUERIDOS enredadores e furafollas.... pasaredes a historia negra da Galiza, as paxinas oscuras sobre todo ise gran matusalencio... non vas sair en ningún-ha enciclopedia en nengun libro, vas quedar esquencido... alguns diran que houbo un-ha vez un por ahí... pero que non lembra e que o final se fixo ministro... PABLO IGLESIAS... do outro nada de nada, non digo silencio senon confusión, ruidos... so ruidos.... en canto mais anos menos... en canto mais seculos menos ainda...

3 anonimo 2

Outros que renegan de Castelao, citas do Sempre en Galiza: “Esta declaración feita por un partido controlado polos nacionalistas galegos, NON COMUNISTAS, responde ao anceio xeral das pequenas nacións resucitadas ao socaire da posguerra europea”, “EU VIVO EM LATITUDES MOI DISTANTES DO COMUNISMO”

2 picheleiro

E non estiveron Toné e Yolanda Díaz ?

1 Gamela

Sería ben abandonar o sillón que ocupan no Concello baixo as siglas Marea de Vigo (Rubén Pérez EU e Oriana Méndez ANOVA e por cuestión de xénero) e deixar que as outras persoas que os seguían nas listas ocupen por 3 anos o sillón para ver se algo muda en Vigo (?) A única autocrítica críble é unha boa Demisión ! (pero esto debe suceder no estranxeiro)