Polémica por un bar de Santiago que incumpre as normas sanitarias con policías dentro

A autora do vídeo subiuno ás redes sociais para queixarse do ruído de madrugada. A propietaria do bar defende que actúan con legalidade. Unha veciña asegura que a autora xa está "denunciada ante a xustiza" e que profire ameazas e insultos contra os donos do local: "É unha persoa problemática".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela, Rúa do Avío, 3 menos cuarto da mañá. Unha muller aproxímase á casa de comidas 'O Bo Xantar' e, móbil en man, grava unha escea que xa colleita miles de mostras de indignación en redes sociais. No interior do local, captura a numerosos clientes sen máscaras, nin gardar as distancias de seguridade, con catro efectivos da policía nacional tamén sen manter as distancias nin portar máscaras sanitarias. E, todo, segundo a autora do vídeo, incumprindo o horario de peche do local.

Policías nun bar de Santiago que supostamente incumpre as normas sanitarias
Policías nun bar de Santiago que supostamente incumpre as normas sanitarias | Fonte: video

A muller baixara ó establecemento do norte de Santiago para protestar por un ruído que, asegura, ten que padecer día si e día tamén. Segundo indica no vídeo, reside no piso superior á casa de comidas, feito que a obriga a "ter que cambiar as habitacións de sitio" para poder conciliar o sono.

Cando a autora do vídeo atravesa a terraza e percibe ós policías no interior do local -que no vídeo aparecen sen máscara nin distancia de seguridade, ao igual que outros dous clientes- achégase a eles para gravalos a curta distancia. "Saben perfectamente que non poden estar deste xeito", recrimínalles a muller nun ton de voz elevado. "Pídolle por favor que se separe de min", apunta un dos efectivos, antes de dicirlle "que a fodan". "Non che fago o favor", responde a muller alporizada.

Ao longo do vídeo, que se estende por uns 8 minutos, apréciase como algúns dos policías deciden poñer a máscara ante a insistencia da muller, un xesto que ela afea mesmo ton de voz que emprega ao longo da metraxe. A gravación, que colleita preto de 250.000 visualizacións en apenas 4 días, remata coa muller abandonando o local pouco despois de que un cliente tentara dialogar con ela.

LICENCIA

Aínda que a muller centra as súas protestas no feito de que os propietarios "pechen a porta" do local para limitar o ruído emitido, tamén asegura que carecen de licencia para ter a terraza aberta "a esas horas". A propietaria do local, que prefire non dar o seu nome, deféndese das acusacións en Galicia Confidencial asegurando que actúan "sempre de xeito legal" e insta á muller a denunciala se considera que incorreu nalgunha irregularidade.

Dun xeito paralelo, defende que na xornada en que foi gravado o vídeo "non había ruído ningún", e que no vecindario "ninguén" lles fixo chegar unha queixa relacionada con este problema. Á parte, tanto a propietaria como unha veciña, de nome Dolores, aseguran que a muller "non vive enriba do bar", como asegura no vídeo, senón noutra parte do barrio, a varios centos de metros. "É unha persoa coñecida por buscar mal rollo con calqueira", sostén Dolores. " O outro día montoulle un cisco a outro local, e agora tomouna con estes", apunta.

AMEAZAS E DENUNCIAS

Tanto a veciña como a dona do Bo Xantar manteñen que a muller adoita chamar ó local "con número oculto" para proferir insultos e ameazas ós propietarios, razón pola cal xa foi denunciada perante a xustiza, segundo defenden as fontes consultadas. "Trátase dunha persoa moi problemática", insiste a veciña, nun sentido paralelo ó aseguro pola propietaria, que lamenta a atención recibida polo vídeo en redes. "É moi triste que tanto xente lle faga caso sen saber o que hai detrás".

No tocante ós policías, a autora do vídeo afea o que os axentes estean a incumplir a normativa sanitaria que, dende o pasado 19 de xullo, obriga a portas máscaras en bares agás no momento concreto da consumición. Porén, dende o restaurante afirman que o vídeo foi tomado antes da entrada en vigor da normativa, cando o uso de máscara nestes lugares aínda non eran obrigatorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Unpetardonocu

Fan moi ben!!! Eles teñen traballo e eu levo 5 meses son el!!! Se non traballamos os pobres a ver quen mantén o fato de lambóns que temos

2 anonimo

Os humanos precisan durmir; os inhumanos non sei.

1 Stromcat

Entiendo a la señora. Es una barbaridad que un bar esté abierto a las tres de la mañana y que haya gente encima intentando dormir.