Unha abstención superior ao 50% favoreceu a histórica maioría absoluta de Feijóo

O DOG publica os resultados definitivos das eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

o 49% dos 2.697.490 galegos con dereito a voto emitiron o seu sufraxio nas eleccións autonómicas do 12 de xullo. Unha participación por baixo do 50% que se viu lastrada polo voto do Censo de Residentes Ausentes (CERA), que marcou un mínimo histórico con apenas o 1,2% dos 463.163 galegos do exterior que teñen dereito a voto.

Este mércores, o Diario Oficial de Galicia publica os resultados definitivos das eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo nas que o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo renovou a súa maioría absoluta cos 42 deputados alcanzados tras o reconto do voto emigrante, que arrebatou ao Partido Socialista un escano por Pontevedra.

Deste xeito, das 2.697.490 con dereito a voto nestas eleccións, só 1.320.955 emitiron o seu voto --5.726 desde o exterior--. Así, un total de 1.297.175 decantáronse por algunha das 56 candidaturas en liza mentres que 11.774 electores votaron en branco --52 máis que nos resultados provisionais--. Ademais, houbo 12.006 sufraxios nulos, 552 menos que cos resultados provisionais.

Así as cousas, unha vez computados o voto exterior e as reclamacións, do tres forzas que lograron representación, o Partido Popular de Galicia ten 1.580 votos máis (627.762), o BNG obtén 1.203 papeletas ao seu favor a maiores (311.340) e o PSdeG suma 1.213 sufraxios respecto dos resultados provisionais (253.750).

VOTO CERA MARCADO POLAS DIFICULTADES DO COVID

Nestes comicios, o voto na diáspora estivo marcado polas dificultades engadidas derivadas da pandemia do coronavirus. De feito, o punto de partida foron as 12.359 solicitudes do Censo de Residentes Ausentes (CERA), unha cifra que é practicamente a metade que na cita autonómica de 2016 e que é a máis baixa de todo este século.

Pero, ademais, houbo dificultades á hora de exercer o voto. Segundo as cifras facilitadas polas Embaixadas e Consulados ao Ministerio de Asuntos Exteriores, só o 44,74 por cento dos electores da CERA chegaron a depositar o voto nas eleccións autonómicas, o que sitúa o nivel de votación no 1,24 por cento do total de electores con dereito a sufraxio.

Unha muller acode a votar nas eleccións autonómicas de Galicia na poboación de Burela, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia (España), a 12 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press
Unha muller acode a votar nas eleccións autonómicas de Galicia na poboación de Burela, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia (España), a 12 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta