O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
Dos Milagres de Amil, en Moraña; á Franqueira, na Cañiza; pasando polos Milagres do Monte Medo, en Baños de Molgas; ou O Nazareno, na Pobra do Caramiñal. O GC conversa co investigador e escritor José Fuentes Alende, que recentemente publicou o libro 'Los exvotos en Galicia', sobre esta tradición tan especial.
  comenta   0
O PP concentrou o 41,5 % do voto do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) de Galicia nas eleccións europeas celebradas o pasado domingo, segundo o reconto realizado este venres na xunta electoral.
  comenta   1
En concreto, as catro actas das xuntas provinciais pechadas entre o luns e esta mesma xornada reflicten que en Galicia estaban chamados a votar 2.693.635 electores.
  comenta   0
O reconto do voto emigrante xa finalizou na provincia de Ourense e, aínda que era a única na que podería variar un escano, confírmase que a repartición de actas manterase en idénticos termos á noite electoral: o PPdeG contará cunha maioría absoluta de 40 deputados no Pazo do Hórreo, fronte a 25 do BNG, nove do PSdeG e un de Democracia Ourensana (DO).
  comenta   0
A Fraga non lle deron as contas en 2005 cando agardaba que o voto emigrante lle dera o escano 38. Un escano que si lle quitou a Feijóo en 2009 para quedar coa maioría absoluta raspada.
  comenta   0
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
O terceiro posto, nas provincias da Coruña e Pontevedra, foi para Sumar, mentres que en Ourense e Lugo esta posición ocupouna Vox. Pola súa banda, o BNG foi a quinta opción máis votada en todas as circunscricións.
  comenta   1
Vox irrompe como terceira forza no voto CERA por esta provincia, con 669 votos; por diante de Sumar, que logra 382 votos. O Bloque sitúase como a quinta organización en votos, con 208.
  comenta   0
Nas últimas eleccións xerais de novembro de 2019, co sistema de voto rogado aínda vixente, do total de 461.344 persoas con dereito a voto só exerceron o seu dereito 16.769, un 3,63% de participación.
  comenta   0
A reforma permite descargar papeletas, habilita máis centros para votar en urna e dá máis tempo de votación e para o reconto.
  comenta   0
Uma notícia publicada faz uns dias nos jornais dizia: «O Governo avança cara a neutralidade religiosa do Estado», mas em realidade o único que fez o Governo social-podemita, que não é pouco, é manifestar a sua vontade de adaptar-se à realidade social, que sofreu um câmbio profundo no seu pensamento e atitude religiosa no século XX, e muito especialmente a partir do seu último terço.
  comenta   0
Os socialistas conseguen o último escano de Pontevedra e suman 15 parlamentarios, un máis que hai catro anos. Pero o resultado final dependerá do voto dos residentes ausentes.
As restricións de cada país complican os desprazamentos e o funcionamento dos servizos de correos, polo que se agarda unha "moi baixa participación" dende o exterior para o vindeiro 12-X.
  comenta   0
Algúns votos poderían tardar en chegar. Por iso, a JEC pide a Correos que "extreme a dilexencia" para que os votos cheguen o día da votación.
  comenta   0
A Junta Electoral Central deberá pronunciarse a petición da Xunta sobre o voto CERA tras retirar a súa consulta a oficina do censo.
  comenta   1
“Eu pra min, as premoniciós haber hainas, mais dixérase que “agardan” que se produzan certos feitos pra manifestáranse”. (Terra brava, Anxel Fole).
  comenta   0
En Común Unidas Podemos é a terceira forza preferida entre os emigrantes, Vox o cuarto partido, Ciudadanos o quinto, e despois o BNG, Pacma e Más País.
  comenta   0
Os electores que viven no estranxeiro denuncian trabas para poder votar. Lentitude, desidia e desbordamento son algúns cualificativos para describir a situación dos consulados españois. Galegos que viven en Irlanda, Reino Unido ou os EE.UU. denuncian auténticas "odiseas" para poder votar. Hai quen opta por viaxar desde o estranxeiro á súa cidade e concello para exercer o seu dereito eleitoral.
  comenta   0
Un colectivo de emigrantes pídelle explicacións a Xunta Electoral Central que recoñece erros no envío das papeletas dos censados nesta provincia.
  comenta   16
A pesar de que aumentou o número de votantes desde o exterior, con respecto a outros procesos electorais, o certo é que a maior parte dos emigrantes critican as enormes dificultades que están tendo para poder exercer o seu dereito ao voto. Feijóo xa recoñeceu estes problemas e aposta por cambiar o actual sistema de voto rogado.
  comenta   1