O reconto do voto exterior continúa en Ourense con normalidade

Só se detectaron tres votos con anomalías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O reconto da CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) continúa con normalidade na Audiencia Provincial de Ourense tras detectarse tres votos con anomalías, segundo explican fontes consultadas por Europa Press.

En concreto, indican que se tratan de tres votos que chegaron de Hamburgo, un dos cales tiña o sobre aberto, pero a papeleta dentro; e os outros dous que non contiñan papeleta.

As fontes consultadas indican que o Consulado de España nesa localidade explicou que se debía a un erro e que ningún partido decidiu presentar reclamación ao entender que se trata dunha "anécdota".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta