Segue sen resolverse o problema do voto emigrante: a Xunta di que é responsabilidade da JEC

A Junta Electoral Central deberá pronunciarse a petición da Xunta sobre o voto CERA tras retirar a súa consulta a oficina do censo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

O voto emigrante é a gran pataca quente destes comicios. Colectivos de emigrantes teñen denunciado as enormes dificultades que teñen para poder votar polas limitacións da Covid-19 en moitos países iberoamericanos e, nin a Xunta, nin a Junta Electoral Central (JEC), son quen de dar respostas.

Urnas Galicia nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.. EUROPA PRESS - Arquivo
Urnas Galicia nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

De feito, a JEC deberá pronunciarse a petición da Xunta sobre as solicitudes do voto dos emigrantes do censo de residentes ausentes (CERA), despois de que a oficina do censo retirase a súa consulta formulada e queda esta cuestión sen pronunciamento do árbitro que modula as eleccións.

Nunha resolución do pasado xoves 28 de maio, recollida por Europa Press, sinala que non pode pronunciarse sobre "a posibilidade de que non sexa necesario volver formular a solicitude de voto dos inscritos na CERA, xa que a propia oficina do censo retirou a petición". Deste xeito, os emigrantes aínda non saben se van ter que pedir o voto rogado novamente, ou vale co proceso iniciado xa nas eleccións suspendidas de abril.

Nesa mesma resolución do 28 de maio, a unha cuestión formulada pola Oficina do Censo Electoral, a JEC ordenou "destruír o material" do proceso convocado para o 5 de abril en Galicia, así como tamén en País Vasco, despois de que os comicios quedasen "sen efecto", salvo aquel que puidese aplicarse á nova cita coas urnas. Pero a Xunta quere que se manteñan activas as peticións de voto rogado formuladas para o 5A.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se non son capaces de garantir o voto rogado que fagan o mesmo que pensan facer en Galicia co voto por correo vía Clave365 que supoño será igualmente válido para un DNI que viva en Bos Aires ou que viva en Brión (?) Non é tan complicado ! Agora que todo se resolver vía DecretoLei dende Moncloa pois este é un bo momento para sacar un deses decretos para solucionar o problema que eles mesmos crearon (?) Ou só están para confinarnos na Provincia e solicitar novos Estados de Alarma Indefinidos (?) https://twitter.com/00Gamela/status...