Os electores que viven no estranxeiro denuncian trabas para poder votar. Lentitude, desidia e desbordamento son algúns cualificativos para describir a situación dos consulados españois. Galegos que viven en Irlanda, Reino Unido ou os EE.UU. denuncian auténticas "odiseas" para poder votar. Hai quen opta por viaxar desde o estranxeiro á súa cidade e concello para exercer o seu dereito eleitoral.