Emigrantes critican a Feijóo por esquecerse do 15% dos votantes na sua convocatoria electoral

Denuncian que na gran maioría dos países de América hai grandes restricións e problemas polo coronavirus, especialmente, en países como Brasil ou México.

Por Galicia Confidencial | Brasil | 20/05/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Felipe Pousada Prado, Presidente del Fórum Empresarial Hispano-Brasileño do Estado de São Paulo (FEHB-SP) e administrador provisional da Asociación de Empresarios Galegos de São Paulo ( AEGASP) amosouse moi crítico estes días coa decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de fixar as eleccións para o 12 de xullo.

Actualmente o Censo de Residentes Ausentes (CERA) de Galicia é do 15%, e a gran parte deses votantes están en América, onde hai importantes restricións pola actual situación da COVID-19. O gran electorado galego en América está en Cuba, México, Venezuela, Arxentina, Brasil e Uruguai, algúns deles moi golpeados pola pandemia.

Pousada Prado lembra nas súas redes sociais que en Brasil, debido “á catástrofe da xestión de Bolsonaro” fronte ao virus, a situación “é aínda peor, case caótica”. E Brasil é o segundo país con máis galegos do mundo, segundo os datos do INE-Instituto Nacional de Estatística.

Voto en urna. EUROPA PRESS - Arquivo
Voto en urna. EUROPA PRESS - Arquivo

CORENTENAS EN BRASIL

São Paulo, Santos, Río de Janeiro e Salvador, as catro cidades brasileiras con maior número de galegos, están no epicentro da pandemia do Covid-19. No Estado de São Paulo, onde se achan a Cidade de São Paulo e a cidade portuaria de Santos, está a máis grande concentración galega de todo Brasil. Alí, o Goberno do Estado (goberno rexional) anunciou que imporá un “lockdown brutal para impedir os desprazamentos e así reducir a taxa e velocidade dos contaxios”.

As cidades de São Paulo e Santos, e as súas respectivas rexións metropolitanas, son as cidades que presentan altos niveis de contaminación por Covid-19. “A situación en Río de Janeiro tampouco é unha das mellores, onde se esixe atención debido á gravidade da enfermidade”, destaca. Pousada Prado lembra, ademais, que moitos destes galegos, xa maiores, están nos grupos de riscos da enfermidade, cuxa orientación médica é que non se expoñan e que queden en casa.

DIFICULTADES PARA VOTAR

“Como poderán os galegos, no medio desta tormenta, levar os seus votos a un posto de Correos, ou até a un dos Consulados Xerais de España en São Paulo, Río de Janeiro ou Salvador?”, pregúntase ao tempo que puntualiza que o Consulado Xeral de España en São Paulo está actualmente con actividades reducidas e con rotación do persoal de empregados para diminuír o risco de contaxio.

“Impúxosenos unha traba máis no exercicio do o noso dereito de voto? Tras sortear todas as dificultades impostas polo malogrado voto rogado, teremos agora que afrontar as restricións do Covid-19, para que podamos exercer o noso dereito de voto?”, indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por abrir debate: sería un bo momento para revisar o dereito de sufraxio aos aproximadamente 377.000 supostos galegos do exterior (?) O digo porque en Vigo levamos 3 aniños vendo florecer venezolanos que non se sabe moi ben de onde saíron (?) Pero ao mellor é que debemos contemplar máis dereitos aos que cotizan fóra que aos que o fan dentro (?) Aquí temos a un de Ponteareas que está podrido de cartos pero seica pasa 6 meses do ano en Venezuela e asunto arreglado (?) É un cativo propietario que emprega en negro aos traballadores para aforrar na Seguridade Social (?) Pobriño ! https://flic.kr/p/wuJoWD