Nervios na Xunta polo voto exterior que pode supoñer un novo deputado para Feijóo

Rueda pide que "chegue a tempo" para o escrutinio xa que o PP podería recuperar un escano por Pontevedra en prexuízo do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, pediu este mércores á administración central, que é quen ten "a responsabilidade de facelo", que faga "todo o necesario" para que os votos de residentes no exterior cheguen "a tempo" para o escrutinio, que comezará o luns da próxima semana.

En resposta a preguntas da prensa tras unha comparecencia para presentar un programa de apoio ao emprendimiento feminino, Rueda manifestou que "eses votos non poden andar por aí perdidos nin se pode dicir que non chegan a tempo", cando faltan cinco días para o luns. Uns problemas motivados pola crise do coronavirus.

Correos recoñeceu problemas co voto do censo de residentes ausentes (CERA) en varios países, como Venezuela, onde non chegaron as papeletas porque non se atopou transporte "público nin privado", e Cuba, onde dixo que o correo do país non repartiu a documentación. Do voto exterior depende un escano na provincia de Pontevedra, en pugna entre PSdeG e PPdeG.

Rueda indicou que confía en que os votos que faltan por chegar estean xa no seu destino o luns e "poidan ser contados nas catro provincias". "Na de Pontevedra é onde está o foco porque é onde pode variar o resultado, pero nas outras provincias deben ser contados e deben sumar ao final, con independencia de que cambien ou non cambien escanos", destacou.

Ademais, lamentou que votantes residentes no exterior que pediron o voto non puidesen emitilo, pero dixo que "lamentaría máis" que o que entregou a súa papeleta vexan que non chega a tempo. "Sería moi triste e moi difícil de explicar", insistiu. Rueda lembrou que o sistema para votar desde o exterior é "complexo", co voto rogado. "Isto serve tamén para darnos conta de que non se pode dar unha situación como a que se deu nestas eleccións", declarou.

Vehículo de Correos
Vehículo de Correos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta