Os emigrantes non serán tratados como "cidadáns de segunda" coa fin do voto rogado

Unanimidade no Congreso para comezar os traballos para suprimir este requisito

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/02/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O PSOE pediu perdón aos españois residentes no exterior por ser tratados desde 2011 como "cidadáns de segunda" ao non suprimir o voto rogado neste dez anos, o que complicou a súa participación nas eleccións xerais, autonómicas e europeas celebradas desde entón. "Chegamos tarde", asumiu a deputada socialista Pilar Cancela.

O PSOE e Unidas Podemos someteron este martes a debate do Pleno do Congreso unha proposición de lei de reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para derrogar o rogo do voto que desde 2011 se lles esixe aos españois emigrados e que supuxo un caída na súa participación electoral.

Sobres con votos das eleccións galegas de 2020
Sobres con votos das eleccións galegas de 2020 | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

No PSOE, a deputada Cancela sinalou que a "sospeita de irregularidades" no reconto do voto exterior foi o que motivou a reforma de 2011 pero lamentou que desde entón non se procedeu a corrixir esa "anomalía", que impediu a moitos españois no estranxeiro poder exercer o seu dereito a voto. "Pedimos perdón porque desde entón os tratamos como cidadáns de segunda e porque imos tarde", proclamou.

"EN DEMOCRACIA Ss DEREITOS NON HAI QUE ROGALOS"

Tamén tomou a palabra en defensa desta proposición a deputada de Unidas Podemos Lucía Muñoz Dalda, quen comezou preguntándose como se pode asegurar que España é unha democracia plena cando se restrinxe un dereito fundamental como o voto á cidadanía no exterior, "unha carreira de obstáculos", dixo, desde fai máis dunha década.

"En democracia os dereitos non hai que rogalos", resumiu Muñoz Dalda, quen lamentou a "intencionalidade política" que xacía detrás da reforma que no seu día acordaron o PSOE e o PP con outros partidos minoritarios, pois coincidiu coa crise económica, o éxodo xuvenil e o movemento do 15-M, e chamou a pór fin dunha vez por todas á "odisea" que os españois no exterior sofren con cada cita electoral.

A combinación do voto rogado e dos prazos previstos na normativa electoral traduciuse nunha redución moi significativa nos niveis de participación dos electores residentes no estranxeiro. De feito, nas eleccións xerais de 2011, 2015, 2016 e 2019, menos do 10% dos electores solicitaron ou rogaron o voto, o que levou aos socios de coalición a incluír no seu acordo de goberno a súa eliminación.

TEN "MOITAS" DAS PROPOSTAS DO PP

No PP o deputado José Antonio Bermúdez de Castro fixo caso omiso á petición dos de Santiago Abascal recalcando que o seu partido apoiou esa reforma promovida polo PSOE ante as continuas acusacións de fraude no reconto electoral e manipulación do voto exterior.

Pero confirmou que a súa vontade de acabar co voto rogado é a mesma que fai dúas lexislaturas, cando puxeron encima da mesa "moitas" das propostas que precisamente o PSOE e Unidas Podemos fixeron súas na súa iniciativa, dixo. I

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta