Durante varios anos os partidos do sistema PSOE e PP pactaron a variante do voto rogado. Un requisito que reducía a mínimos a participación electoral. Recentemente por proposta de Podemos e a presión da emigración modificouse está medida restritiva. Os emigrantes censados no exterior recuperaron o seu dereito para exercer o seu voto e ser elixidos sen trabas burocráticas.
Os emigrantes poderán votar nas eleccións xerais e autonómias. Suprimindo a súa participación nas eleccións municipais. En trazos xerais foi un logro moi importante da diaspora e fai xustiza coas achegas realizadas pola emigración. Construción de escolas no pasado e nas últimas décadas o envío de cuantiosas remesas de diñeiro que aliviaron a crise económica fundamentalmente no rural galego.
O paradoxo actual é que o padrón electoral do exterior multiplicouse a partir dos procesos abertos pola lei da memoria histórica do goberno de Zapatero e a recente lei da memoria democrática que permite que os netos de orixe, poidan obter a nacionalidade. O proceso aberto neste sentido pode sumar a miles de novos votantes. Debemos de pensar que a nosa emigración de primeira xeración está nun estado terminal. A media de idade é 75 anos e representa un 20 por cento dos votantes.
Sempre foi un voto oficialista ou conservador moi influenciado polo franquismo. Con todo, as segundas e terceiras xeracións que pasaron a ser a maioría dos votantes, son máis propicios ao voto progresista.
O certo é que se estes novos potenciais votantes exercen o sufraxio poden alterar os resultados electorais. Este é o caso de Galicia onde a diferenza dun deputado, máis ou menos determina a maioría e a cor do partido que poida gobernar.
Nas próximas eleccións xerais teremos as posibilidades de ter máis datos do comportamento electoral dos fillos e netos de emigrantes que cada vez máis a través dos medios de comunicación van seguindo a vida política española.