"Volvemos ás vellas practicas do pasado", di Pontón sobre as viaxes de Rueda e Formoso a Arxentina e Uruguai

Critica que sexa visitas "electorais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrou a súa desconfianza sobre a finalidade da viaxe do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Arxentina e Uruguai; países que tamén planea visitar proximamente o secretario xeral do PSdeG, Valentín García Formoso.

"Volvemos ás vellas prácticas do pasado", manifestou Pontón cuestionada en rolda de prensa este venres sobre a visita de Rueda aos países latinoamericanos, que coincide unha semana despois da eliminación do voto rogado para os españois residentes no exterior.

"Espero que as visitas que se fagan á emigración, máxima sendo esta (a de Rueda) como presidente da Xunta, busquen fins institucionais", manifestou Pontón, que considera que a xente da emigración merece "ser tratados como cidadáns e non como mercadoría electoral".

"DE DEMOCRÁTICAS TIÑAN POUCO"

Ana Pontón aproveitou para responder as críticas de González Formoso sobre a abstención do BNG na votación do Congreso que validou a supresión do voto rogado. "O BNG cre que hai que facilitar o voto da emigración, o que non hai que facilitar son as vellas prácticas do pasado, que é evidente que de democráticas tiñan pouco", aseverou a líder nacionalista.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta