Sancionados con 150 e 300 euros os insultos a un árbitro e a unha xogadora

A Comisión Galega de Control e a Violencia no deporte tamén multa a seis persoas por transitar por un tramo prohibido do Rally de Narón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Comisión Galega de Control da Violencia celebrou a súa sexta reunión desde que foi constituída para dar resposta ás denuncias e incidencias en competicións deportivas oficiais no ámbito autonómico, provincial, zonal ou local. Fíxoo para resolver tres expedientes de infraccións, que foron sancionados con multas de 150 e 300 euros, ademais de prohibicións de acceso a recintos deportivos.

En concreto, pronunciouse sobre un expediente relativo aos insultos proferidos por un afeccionado ao árbitro no Campo de fútbol de Paiosaco, outro sobre os insultos dirixidos a unha xogadora nun partido de base, e un sobre o tránsito de seis persoas por unha zona prohibida ao público no Rally de Narón, con grave risco para a súa integridade e o desenvolvemento da proba deportiva.

No primeiro caso resolveuse cunha multa de 150 euros ao infractor e a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo por un período dun mes. No segundo caso, acordouse unha multa de 300 euros e a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo por un período de seis meses. No terceiro caso, sancionarase a cada infractor cunha multa de 150 euros.

Ademais, tras a lectura e aprobación das actas anteriores, admitíronse seis novos expedientes. Son, concretamente, os relativos ao altercado con agresións nas bancadas entres dous familiares do Maristas A e o AD Castro San Miguel en Vigo, que motivaron a suspensión do partido de fútbol sala local pre-benxamín; ao acceso dunha persoa co seu vehículo a un tramo da vía do Rally da Mariña Lucense que estaba restrinxido ao tráfico; e á denuncia pola existencia dun barril de cervexa con alcol e 40 botellas de alta gradación na barra das instalacións do Sada C.F..

Ademais, analizaranse os expedientes polos insultos racistas recibidos por un xogador no partido Mondoñedo Cidade - Candelaria S.D.; polos incidentes ocasionados polos adestradores de dous clubs de piragüismo da provincia de Pontevedra; e polos insultos e as ameazas dun afeccionado ao árbitro do partido do Grupo 10ºB da Primeira Autonómica Xuvenil, entre os equipos do Velle B e o Seixalbo.

Protesta a un árbitro por un penalti. / Pablo Lorente / La Tribuna de Ciudad Real
Protesta a un árbitro por un penalti. / Pablo Lorente / La Tribuna de Ciudad Real

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta