Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2020 | Actualizada ás 14:59
O partido de fútbol entre o Real Club Deportivo da Coruña e o Club de Fútbol Fuenlabrada deste venres foi declarado de "alto risco" polo que a Policía Nacional e Local "extremarán" as medidas de seguridade, segundo informou a Delegación do Goberno.
A través dunha nota de prensa, a Delegación do Goberno explicou que na mañá deste luns se reuniu a Xunta de Seguridade con responsables de ambos os corpos policiais e tamén con responsables de seguridade do club coruñés.
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, fixo un chamamento á "responsabilidade individual e colectiva" e pide aos afeccionados que non haxa "concentracións incontroladas". Engade que, nas últimas semanas, a existencia de "varios rebrotes" obrigan a "extremar todas as precaucións e medidas de seguridade".
A responsable estatal reclama á cidadanía que se desenvolva "con total normalidade" tanto a parte previa, o partido como despois do mesmo e que non se repitan "concentracións como a producida hai varias semanas cando finalmente non se puido disputar o encontro" porque, finaliza, tomar medidas preventivas non supón "unha perda de apoio o club".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.