A compra de máscaras pode multiplicar por catro o gasto en produtos farmacéuticos

As familias españolas gastan de media entre 220 e 250 euros en produtos farmacéuticos ao ano. Con todo, coa obrigatoriedade da máscara podería chegar aos 900 euros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

As familias españolas veñen gastando en produtos farmacéuticos unha media de entre 220€ e 250€ nos últimos anos. Estas cantidades poderían multiplicarse por catro pola obrigatoriedade de usar máscara na maioría das comunidades autónomas e a necesidade de protexerse fronte ao coronavirus.

As provincias que máis gastan en produtos farmacéuticos son Murcia, A Coruña, Lugo, Madrid e Barcelona.
As provincias que máis gastan en produtos farmacéuticos son Murcia, A Coruña, Lugo, Madrid e Barcelona. | Fonte: AIS Group.

Segundo a OCU, o gasto en máscaras dunha familia de 4 membros que utilizan polo menos unha máscara diaria cada un (120 unidades ao mes), alcanzaría os 115€ mensuais se as adquiren ao prezo máximo fixado de 96 céntimos.

Asumindo a posibilidade de que os españois se vexan obrigados a usar máscara durante o resto de 2020, o gasto só en máscaras podería ascender a case 700€. Se se engade o gasto habitual en produtos farmacéuticos, o total deste ano podería quedar en algo máis de 900€ por familia.

“Evidentemente estas cifras dependen moito do tipo de familia, da súa composición, do tipo de máscaras que compren, de que prezo son as máscaras e de onde residan, pois o gasto medio en farmacia varía bastante dunha provincia a outra”, explica Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio da consultora AIS Group, especialista no cálculo de indicadores sociodemográficos e económicos.

A Coruña é a segunda provincia que presenta un gasto anual máis elevado en produtos farmacéuticos cun total de 303€, Lugo é a terceira cun orzamento que queda nos 293€. Completan a lista Madrid e Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Que os que impuxeron a barbaridade da mascarilla obrigatoria (incluso en persoas sanas) se fagan responsables das consecuencias que tera para a saude respirar dioxido de carbono e que se fagan cargo dos gastos da compra das mascarillas. No norte de Europa (Irlanda, Dinamarca, Suecia, Finlandia,etc) alucinan co que esta pasando neste pais pq ali ninguen leva a mascarilla e non so non son obrigatorias senon que en moitos paises desaconsexan o seu uso. ¿Con que dereito nos multan por querer respirar, incluso se estamos sanos?.