Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 21:00
A nova Guía de Escalada de Galicia, "Rocha Nai", presenta ao Monte Pindo dende unha visión practicamente inédita no mundo editorial: a práctica do deporte de escalada.
A ladeira de Penafiel sobre o Ézaro convírtese, na opinión dos autores da guía, Alfonso Louro e Gustavo Vázquez, nun dos 40 lugares galegos que máis merecen a pena para practicar esta dura e espectacular disciplina, cun total de 9 vías de escalada que permiten observar a nosa paisaxe desde perspectivas que moi poucas persoas puideron observar antes.
Alfonso Louro é membro da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) e Vogal de Mantenemento de Zonas de Escalada da Federación Galega de Montañismo. Ambas entidades apoiaron a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.