Pechan un centro de día das Neves e illan a usuarios e traballadores tras un positivo por COVID
O positivo por coronavirus dunha muller obrigou, seguindo o protocolo das autoridades sanitarias, a pechar un centro de día na localidade pontevedresa das Neves, e a illar ao resto de usuarios e aos traballadores.