Pecha a Torre de Hércules "por precaución" ata coñecer o resultado das PCR de dous traballadores

Segundo informa Turismo da Coruña, durante este venres estes dous traballadores presentaron síntomas e os sanitarios recomendáronlles practicar as probas PCR.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/08/2020 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia



A Torre de Hércules e a Oficina de Información ao Turista de María Pita pecharán "por precaución" ata que se coñeza o resultado das probas que lles practicarán nas próximas horas a dous traballadores do monumento.

Segundo informa Turismo da Coruña, durante este venres estes dous traballadores presentaron síntomas e os sanitarios recomendáronlles practicar as probas PCR.

Así, o Consorcio de Turismo, o Concello da Coruña e Seguridade Cidadá optaron por pechar o monumento e a oficina de forma preventiva e por precaución para traballadores e visitantes.

Torre de Hércules. EUROPA PRESS - Arquivo
Torre de Hércules. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta