Dous novos brotes en Ourense e A Rúa suman nove contaxios

Os casos son en núcleos familiares. Unha muller de 73 anos foi trasladada á UCI do CHUO e xa son catro as pesoas ingresasdas na área sanitaria ourensá.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/08/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Dous novos brotes detectados nos municipios de Ourense e A Rúa afectan, respectivamente, a seis e tres casos, informaron este sábado fontes da área sanitaria.

O foco de Ourense afecta a seis membros dunha mesma familia: tres mulleres de 35, 57 e 34 anos, un home de 31 e dous menores. Atópanse illados no seu domicilio e as autoridades sanitarias están a facer o rastrexo e seguimento dos seus contactos.

Por outra banda, un brote tamén de carácter familiar afecta a tres persoas no concello da Rúa. Son un home de 69 anos e dúas mulleres de 36 e 29, que se atopan illados no seu domicilio e cuxos contactos permanecen en seguimento.

Ademais, as mesmas fontes informaron de que unha muller de 73 anos tivo que ser ingresada este sábado na UCI do Hospital Universitario de Ourense. Co traslado desta persoa, que estaba ata agora en seguimento domiciliario, son catro os pacientes nunha unidade de críticos nesta área sanitaria.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta