Os atletas do clube de atletismo MillaRaio conseguen catro medallas no campionato de Galicia

O clube participu con cinco atletas, acabando un total de 4 medallas: tres de prata e unha de bronce.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto celebrouse nas pistas do Campus de Elviña, na Coruña, o campionato de Galicia de atletismo ao aire libre absoluto e das categorías sub18, sub20, sub23 organizado pola Federación Galega de Atletismo. O Club Atletismo MillaRaio participou con cinco atletas, acadando un total de catro medallas: tres de prata e unha de bronce.

Sara Castelo, atleta do MillaRaio, foi bronce en disco sub18.
Sara Castelo, atleta do MillaRaio, foi bronce en disco sub18. | Fonte: Concello de Ames

Na primeira xornada do campionato Laura Barbazán foi medalla de prata no lanzamento de martelo sub18. Na xornada do sábado, o club obtivo dúas novas pratas. Antón Riveiro acadou a medalla de prata nos 100ml sub18, clasificándose ademais para a final absoluta, na que rematou sexto. Na proba de 200ml rematou en cuarto lugar na categoría sub18, e volveu meterse na final absoluta, rematando quinto na final B (co mesmo tempo que o cuarto).

Torcuato Labella foi medalla de prata no lanzamento de xavelina sub20, e quinto nos 100ml sub20. Daniel Cariñena, sub16, foi cuarto na súa serie dos 100ml correndo cos sub20, e Laura Barbazán foi cuarta nos 100m valados sub18. Na última xornada, Sara Castelo acadou a medalla de bronce na proba de lanzamento de disco sub18.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta