Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 11:06
Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e Gustavo Dudamel interpretarán a Sinfonía número 9 de Beethoven nunha homenaxe á sociedade civil no Palau da Música de Barcelona, segundo informa o conxunto orquestral. A orquestra galega e o director venezolano colaboran por segunda vez e coa mesma obra tras o seu concerto na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, en xullo de 2017.
O cuarteto vocal, pola súa banda, estará formado pola soprano Susanne Elmark, a mezzo Aigul Akhmetshina, o tenor Leonardo Capalbo e o baixo José Antonio López. No concerto, que terá lugar o 18 de setembro no emblemático auditorio barcelonés, participarán tamén o Cor de Cambra do Palau, o Orfeó Català e músicos da Escola Superior de Música Raíña Sofía
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.