Por E.P. | A Coruña | 11/09/2020 | Actualizada ás 14:14
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, volveu a reclamar á Xunta que "cumpra" o convenio coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e asuma o pago de cinco millóns para o seu financiamento.
Fíxoo tras a firma dun acordo coa Deputación coruñesa. Mediante o mesmo, o organismo provincial achegará 1,5 millóns de euros para as actividades do conxunto orquestral que, á súa vez, "chegará a 14 puntos da provincia da Coruña", precisou o presidente provincial, Valentín González Formoso.
"Oxalá tivese a Xunta o mesmo compromiso" dixo a rexedora, que lle instou a "tomar exemplo" doutras administracións. Así, acusou ao Goberno autonómico de "darlle as costas á orquestra".
"Débelle cinco millóns", recalcou, incidindo, ademais, en que "outras administracións teñen que paliar a falta de compromiso da Xunta".
O convenio permitirá, adaptando a súa oferta e formato ás condicións que marquen as autoridades sanitarias, que as distintas agrupacións da OSG, leven as súas propostas musicais aos concellos da provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.