Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 22:15
"Queremos un Xabarín Club adaptado ó 2020". "Precisamos un Xabarín moderno". "Queremos que a TVG faga unha canle 24 horas con programas do Xabarín". Cada vez son máis as peticións á CRTV para que recupere o seu programa estrela para a infancia e a mocidade nun formato renovado e adaptado ás circunstancias do momento.
A publicación por parte de GC do nacemento dunha plataforma para esixir á TVG máis atención nos contidos infantoxuvenís vén de desatar unha mobilización en redes que abrangue tanto a particulares como institucións. Entre estas últimas destaca a Mesa pola Normalización Lingüística, que acolle unha recollida de sinaturas para a conformación dunha terceira canle pública dedicada exlusivamente ós máis pequenos. A petición recolle xa máis 6.500 mostras de apoio.
Somos moi de #XabarínClub e queremos que a Televisión de Galicia faga unha canle 24h con programación infantil e xuvenil.
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) September 13, 2020
Asina e difunde!https://t.co/35Zxyd1yxE pic.twitter.com/Xng84R8CjD
Fazei os vossos tweets com o hashtag #XabarínClub para reclamar à @TVGalicia um canal galego dedicado só à programaçom infantil. Porque o Xabarín ainda vive na tvG2, mas é precisa uma aposta mais decidida para poder ter uma alternativa aos vários canais infantis em castelhano. 😊 pic.twitter.com/LB2ALA7INY
— as @emgalego (@emgalego) September 13, 2020
Queremos máis e mellor programación infantil e xuvenil nos medios públicos, unha oferta digna e de calidade que restaure o papel dinamizador da lingua do porco bravo máis universal! Hai alguén aí? #XabarínClub pic.twitter.com/fQZjeYu5m5
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) September 13, 2020
De xeito paralelo, as demandas dos usuarios oriéntanse a renovar os contidos do programa para adaptalos ó contexto actual e poder competir co resto de canles do estado.
Precisamos un #XabarínClub moderno con:
— Un galego máis (@OrgullosoGalego) September 13, 2020
-Canle na TV.
-Espazo nas rrss (Youtube, Twitter, TikTok)
-Contido actual e non as series de 1980.
-App na Google Play Store e na Apple Store.
-Aposta por novos contidos musicais.
Porque non é tirar o diñeiro, é unha inversión.
Para a @TVGalicia
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) September 13, 2020
Queremos un #XabarinClub adaptado ao 2020, con debuxos actuais doblados ao galego e aproveitando o positivo do vello Xabarín: Participación das crianzas, divulgación de música en galego e visitas a todos os centros de ensino do país. pic.twitter.com/gcnXLPY6cP
Por unha programación atractiva e de calidade con contidos en galego para as nosas crianzas #XabarinClub #xeraciónXabarín @crtvg @amesanl pic.twitter.com/qokfQRACuO
— antia otero (@antiaotero) September 13, 2020
A creación da terceira cadea sería, a par, unha "oportunidade" para os autores de banda deseñada de Galicia, segundo destacan outros tuiteiros.
En Galicia temos debuxantes excepcionais como Miguel Robledo, Kiko Da Silva, D. Rubín entre moitos outros.
— A Apanacensurada🛰️ (@nabia69) September 13, 2020
Temos capital humano de talento excepcional para facer series de animación propias.
Unha canle como #XabarínClub sería un medio magnífico para emitir as súas criacións. pic.twitter.com/Rcz77t5BK2
O impacto das mobilizacións a prol do Xabarín chegaron a colocar ó programa da CRTVG como trending topic a nivel galego.
#XabarínClub já é a primeira entre as tendências da Galiza. Nom deixedes de tweetar! 😊 pic.twitter.com/EIK4OJwOUh
— as @emgalego (@emgalego) September 13, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.