Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 09:00
Tres antigos alumnos da Escola de Camiños da UDC veñen de trunfar no Concurso para Mozos deseñadores organizado polo Grupo Británico da Asociación Internacional de Enxeñería de Pontes e Estructuras (IABSE). O certame, de talla internacional, rematou cos galegos Lucas Canzobre, Rubén Rodríguez e Raúl Espasandín como gañadores para o xurado.
Segundo explican dende a entidade organizadora, o concurso solicitaba elaborar o deseño dunha pasarela peonil cumplindo cunha serie de requerimentos preestablecidos. A proposta dos galegos, baseada no emprego de aceiro, formigón e vidro, foi seleccionada para ser presentada na Conferencia; converténdose, máis adiante, na premiada polo xulgado.
Lucas Canzobre e Rubén Rodríguez dirixen Neiko Ingeniería en A Coruña dende xaneiro deste mesmo ano. Este recoñecemento internacional supón un impulso para estes dous mozos que, poucos despois de iniciar a súa actividade, víronse afectados pola pandemia de Covid que conxelou a actividade da súa compañía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.