Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 21/12/2024 | Actualizada ás 20:35
Se cada ano as cidades españolas rivalizan con Vigo por facerse coa árbore de Nadal máis grande de España (ou do mundo, nalgúns casos), en Vilagarcía de Arousa deixan esa loita para outros, pois xa contan coa sorte de ter outra marca 'guinness': a árbore de Nadal máis pequena do mundo. E non só a deste ano 2024, senón tamén a do pasado 2023. Só hai que achegarse ata o centro do que dispón a Asociación Cultural Breogán, no barrio do Piñeiriño, para observalas xunta nun mesmo escaparate. A do ano pasado ten 2 centímetros de altura e 3 luces LED, polo que, aínda sendo practicamente do tamaño dunha moeda de euro, pódese ver a simple vista. Pola contra, a deste ano xa se amosa baixo un microscopio, pois non hai maneira de poder ver unha peza que non chega aos 10 micrómetros, o equivalente a dez veces menos que o tamaño dun cabelo humano.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Cinco persoas detidas por tráfico de drogas en Boiro
- O urbanismo a dúas velocidades: a realidade das cidades galegas con e sen PXOM aprobado (Parte I)
- Servizos mínimos de ata o 75 % para a folga de trens que arrinca o vindeiro luns
- Os pais de Diego Bello reclaman en Bruxelas apoio para que avance o proceso xudicial en Filipinas
- Unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos comezará a funcionar este mesmo ano en Galicia
- As farmacias galegas non poderán facer publicidade de medicamentos nin pagar a 'influencers' para promocionarse