Investigan a morte dun veciño da Laracha de 69 anos con indicios de que sufriu un ataque de velutinas

O home saíu traballar na leira e foi atopado sen vida a 50 metros do seu tractor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Un home de 69 anos, veciño da Laracha, foi achado sen vida na noite deste luns nunha leira, á que acudira a rozar no seu tractor. O caso está a ser investigado polas autoridades, pendente do informe forense, aínda que o corpo tiña indicios dun ataque de velutinas.

Fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press precisaron que a investigación determinará as causas da morte de A.R.L., á vez que outras fontes indicaron que o corpo tiña picaduras visibles e que os sanitarios que acudiron ao lugar dos feitos xa apuntaron á hipótese do ataque de velutinas.

As mesmas fontes consultadas por Europa Press indicaron que o home vivía coa súa muller no lugar do Loureiro, parroquia de Arboedo, na Laracha, e que saíra a traballar co seu tractor. Ante a súa tardanza en regresar a casa, pouco antes das 21,30 horas, a familia contactou cos servizos de emerxencias, xa que, desde o mediodía estaban sen noticias da vítima.

Segundo informa o 112, indicaron que estaban a buscar ao home pola zona e, apenas uns minutos despois, volveron chamar para avisar de que fora localizado sen vida preto do seu tractor, "a uns 50 metros", segundo as fontes consultadas por Europa Press.

Ata o lugar dos feitos, para aclarar as circunstancias da morte, desprazáronse axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para facer un recoñecemento que permitise entender as causas do falecemento.

Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo
Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta