Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 10:33
O home detido pola morte do seu sobriño de tres anos na noite do luns en Santiago de Compostela segue "internado" nun centro sanitario da capital galega a disposición xudicial.
Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explicaron que a primeira parte das dilixencias realizadas por Policía Xudicial da Policía Nacional finalizaron e están á espera do que determine a autoridade xudicial.
O arrestado permanece ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital de Conxo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde foi trasladado tras a súa detención na noite do luns.
A Policía está agora á espera do que determine o Xulgado de Instrución correspondente de Santiago, a cuxa disposición está o atestado e o detido en relación coa morte deste menor de tres anos. Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que non lle constan antecedentes ao detido en relación á morte do seu sobriño, pero sinalaron que está a tratamento psiquiátrico.
INVESTIGACIÓN
Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, instou á "prudencia na información" en relación o caso do home detido pola morte do seu sobriño en Santiago de Compostela. "Quen vai determinar o que pasou é ese atestado e estase completando", asegurou, a preguntas dos xornalistas, durante un acto co secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez.
Do detido, ratificou que se atopa internado no hospital á espera de que se lle poida tomar declaración. "E a Policía científica e xudicial facendo todos os estudos pertinentes para trasladarllo á xuíza", dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.