Por E.P. | CORUÑA, A | 23/09/2020 | Actualizada ás 14:32
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, remitiuse ás "palabras" pronunciadas pola alcaldesa da Coruña nunha emisora de radio, ao ser preguntado pola declaración institucional aprobada no consistorio herculino en relación ao caso Fuenlabrada e que, entre outras cuestións, pide que rectifique as súas declaracións apoiando ao Consello Superior de Deportes (CSD).
"Fago miñas as palabras da alcaldesa", asegurou a preguntas dos xornalistas na súa visita ás obras da Rocha, en Cambre (A Coruña), xunto ao secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez. Fíxoo despois de que a rexedora nun programa de radio sinalase que o delegado do Goberno non tiña nada ver "co que pasou" en relación ao Fuenlabrada e os positivos detectados na súa viaxe á cidade herculina.
INICIATIVA DO PP, REXEITADA
Por outra banda, a Mesa do Senado non admitiu a trámite unha pregunta presentada polo senador coruñés Miguel Lorenzo, do PP, "para que o Goberno explique na sede parlamentaria se ten previsto investigar as circunstancias que rodearon a detención de Álex Bergantiños, capitán do Deportivo", segundo informa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.