Estenden as restricións na costa norte galega para a navegacion de veleiros pola presenza de candorcas

O último destes casos rexistrouse este mércores, ás 00,30 horas, a 6 millas de Camariñas, con danos materiais de diversa consideración, sobre todo no temón das embarcacións, e a alarma entre os tripulantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) decidiu estender durante outra semana a zona de exclusión á navegación para veleiros de tamaño medio na costa norte de Galicia, debido aos incidentes relacionados con orcas que se rexistran desde o pasado mes de agosto.

As restricións, que se estenden desde Cabo Finisterra ata a Punta de Estaca de Bares, aplícanse polos encontros con estes animais que, durante as últimas semanas, xeraron incidentes e provocado danos materiais de diversa consideración nas embarcacións.

O último destes casos rexistrouse este mércores, ás 00,30 horas, a 6 millas de Camariñas, con danos materiais de diversa consideración, sobre todo no temón das embarcacións, e a alarma entre os tripulantes.

As embarcacións de vela afectadas pola prohibición poderán navegar de forma perpendicular á zona delimitada para acceder á zona costeira ou saír dela cara ao mar.

A decisión susténtase xuridicamente en dúas resolucións. Por unha banda, unha da Capitanía Marítima do Ferrol, que amplía nunha semana máis a prohibición de navegar a veleiros de tamaño medio entre a Punta de Estaca de Bares e Cabo Prioriño; e doutra banda una da Capitanía Marítima da Coruña, establecendo por primeira vez a restrición nos mesmos termos desde o Cabo Prioriño ata o Cabo Finisterre.

Tras monitorar ata a data os incidentes acaecidos, os episodios coas orcas afectan só a veleiros de tamaño medio, dunha eslora igual ou menor a 15 metros, e todos os encontros producíronse entre as 2 e as 8 millas náuticas de costa e a velocidade de navegación oscilaba entre os 5 e os 9 nós.

Orcas. MITMA
Orcas. MITMA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta