O Concello de Barbadás pide aos veciños que eviten "contactos innecesarios" ante o "aumento de casos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O Concello de Barbadás  pide aos veciños que eviten "contactos e desprazamentos innecesarios" ante o "aumento substancial" de casos positivos de coronavirus Covid-19.

Por iso, informou o Concello desta localidade, emitiu un bando no que lembra aos veciños que "é fundamental que cumpran a normativa sanitaria" no marco da pandemia pola Covid-19.

En concreto, no bando municipal o Concello insta a manter a distancia de seguridade de dous metros; usar máscara e "lavar as mans a miúdo durante polo menos un minuto".

Ademais, o bando sinala que "non se tire a máscara ao chan" porque "é un risco ambiental e sanitario" e insta a evitar "desprazamentos innecesarios" e "contactos innecesarios".

Dúas persoas camiñan con máscara
Dúas persoas camiñan con máscara | Fonte: María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta