Matemáticos deseñan un modelo para evitar improvisacións na xestión das camas UCI pola covid

Utilizase unha estimación de camas en base a unha porcentaxe dos datos acumulados dos 15 días previos á data de interese.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Investigadores da USC, UVigo e do Sergas deseñaron un método para determinar con antelación as camas necesarias pola COVID-19 nas UCIs. O obxectivo é anticiparse para ter unha boa xestión as unidades de coidados intensivos dos hospitais.

O traballo asinado polo catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, Iván Area da UVigo, xunto a Xurxo Hervada e María Jesús Purriños do Sergas, acaba de ser publicado na revista Alexandria Engineering Journal baixo o título “Determination in Galicia of the required beds at intensive care units”.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

O punto de partida para o deseño do método desenvolvido “foi a estimación inicial do comportamento da onda usando modelos compartimentais”, tal e como apuntan os autores. Unha vez obtida esta previsión, detallan, realizouse unha estimación de camas en base a unha porcentaxe dos datos acumulados dos 15 días previos á data de interese. “É algo obvio: o número de persoas que ingresan na UCI depende dos casos dos días previos”, apuntan os investigadores. Unha vez disposta esta ferramenta, engaden, “a vantaxe de ter unha estimación do número de casos diarios moi aproximada permitiu ter estimacións bastante próximas á realidade do número de camas de UCI necesarias”.

A xestión das camas de UCIs, sinalan os investigadores, é “un problema de enorme complexidade e repercusión”, lembrando como “o custe de cada cama é de máis de 1000 euros diarios", o que supón "unha enorme repercusión económica”. Ao tempo, engaden, “un número insuficiente de camas implica a non dispoñibilidade de camas de UCI para persoas coa COVID-19 ou doutras doenzas”. P

Por este motivo recalcan “a importancia de coñecer de antemán as necesidades de recursos en camas UCI, xa que non se pode improvisar, pois son camas que requiren parataxe moi específico anexo, como por exemplo respiradores ou monitores, e recursos humanos formados no seu uso, ademais do espazo físico necesario, moi superior a unha cama normal”. “Ou se prepara de antemán ou se fracasa en cubrir a demanda”, subliñan respecto a esta cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta