CXT denuncia un positivo por covid-19 en oficinas de Navantia tras pedir a empresa que se deixase de teletraballar

Outros cinco traballadores tiveron que porse en corentena.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O sindicato CXT denuncia un positivo por covid-19 na oficina de enxeñaría de produción de Navantia, que obrigou a outros cinco traballadores a porse en corentena e a precintar e desinfectar o centro de traballo, despois de que a empresa envase "unha comunicación" a empregados "que estaban teletraballando para que se reincorporasen presencialmente" este luns.

Entrada do estaleiro Navantia
Entrada do estaleiro Navantia | Fonte: Europa Press.

"Ademais de violar o acordo entre Navantia e o comité intercentros sobre o teletraballo, que recolle que o aviso ten que ser con 48 horas de antelación, todo isto pon de manifesto a hipocrisía da dirección", critica.

Respecto diso, esixe antepor a saúde do persoal a calquera outro interese e avisa de que dita oficina "ten unhas condicións de ventilación natural moi deficientes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta