Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 20:16
Federico García Lorca xa ten a súa estatua en Santiago de Compostela, cidade da que quedou prendado en varias visitas a Galicia que inspiraron os seus 'poemas galegos'.
O poeta e dramaturgo andaluz conta desde este domingo cunha estatua no paseo da Ferradura, na Alameda, baixando a escaleira de Santa Susana. Atópase vestido co mono azul que empregaba nas xiras coa compañía de teatro A Barraca e orientado cara á estatua de Rosalía de Castro, a poetisa admirada polo creador andaluz.
Este domingo quedou inaugurada a peza, obra do escultor Álvaro de la Vega, que se inspirou nunha fotografía de Lorca baixando a escalinata da Praza dq Quintana nunha das súas visitas a Compostela.
"Cando saíu por última vez de Santiago quería que se lle organizase unha homenaxe popular a Rosalía de Castro. Non se puido facer, pero hoxe, dalgunha forma, estamos a achegalo a ela", sinalou Henrique Alvarellos, experto na vida e obra do granadino e que participou nun acto no que tamén estivo presente o alcalde santiagués, Xosé Sánchez Bugallo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.