Oito novos falecidos pola covid, seis deles en Ourense

Catro deles eran usuarios de residencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A morte de oito persoas diagnosticados con coronavirus nas últimas horas, cinco delas no hospital de Ourense e unha en residencias tamén desa provincia, elevaron a 868 as vítimas da pandemia en Galicia.

Segundo comunicaron as autoridades sanitarias, seis dos falecidos atopábanse en centros hospitalarios, mentres que os dous restantes estaban en residencias --un home de 87 anos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar  e outro home de 75 anos na residencia DomusVi de Oleiros--.

Ademais, outros dous usuarios de residencias que estaban hospitalizados perderon a vida nas últimas horas. Trátase de dous homes, ambos de 86 anos e que se atopaban ingresados no CHUO, que procedían das residencias Nosa Señora do Viso de Lobeira e Os Gozos de Pereiro de Aguiar.

De feito, o hospital ourensán rexistrou as mortes doutros tres homes nas últimas horas de 67, 94 e 78 anos de idade, respectivamente. Ademais, unha muller de 85 pereceu no CHOP de Pontevedra. Assí as cousas, a cifra total de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 249 en Galicia.

Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia en padiola a un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia en padiola a un paciente con Covid-19. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 EXPAÑA E COVID

Os gozos e onde debian meter o cura ise o sacerdocio do papa... o herexe ise!!! cantos mortos van xa 30-40 mortos 200 ou 300 infectados... esta todo infectado... non e confinamento... non e toque de queda do perico de sanchez... non se dan conta acaso que os cores da bandeira expañolenta atraen o covid-19??? o igual ca p.m atrae as moscas!!!! EXPAÑA O PAIS MAIS INFECTADO DO MUNDO... a unica solucion e sair de expaña e entrar en Portugal!!! SALVADEVOS DE EXPAÑA!!!!