Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 14:33
O Consello da Xunta deu luz verde este xoves a un teito de gasto "excepcional" de 11.664 millóns de euros para 2021 --que agora deberá ir ao Parlamento--, o que supón unha subida do 14,9% respecto ao ano anterior. Nan rolda de prensa, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a previsión de caída deste ano do PIB galego é do 9,7%, aínda que se prevé unha recuperación do 8% en 2021.
Mentres, a taxa de paro subirá ata o 12,3% ao peche deste ano --está no 11,8% na EPA do terceiro trimestre--. Seguirá en aumento o ano que vén ata o 12,9%, segundo as previsións do Goberno galego.
Así, Feijóo asegurou que estas previsións "non están maquilladas" e son "realistas". Ademais, explicou que o financiamento autonómico de Galicia baixará un 1,6% en 2021, cun total de 7.849 millóns de euros. Con todo, a evolución da pandemia é imprevisible e non se sabe aínda os efectos que esta segunda onda ou ondas sucesivas poden ter na economía galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.