A ciencia non é só cousa de homes

O congreso internacional Women In Science-Ecology e a III Semana da Ciencia demandan máis presenza de mulleres nos seus ámbitos científicos.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O congreso internacional WISEWomen In Science-Ecology, botou a andar este mércores para xerar un espazo de diálogo no que detectar medidas e accións urxentes a implantar nas diferentes sociedades ecolóxicas para “reverter a situación actual” debido aos “datos alarmantes" nos que se constata o patrón de perda de mulleres a medida que se ascende na carreira profesional porque "as medidas para acabar con esta diferenza estrutural inxusta son claramente ineficientes e/ou inexistentes”, explica a profesora da USC, Mar Sobral, unha das organizadoras do congreso.

Investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela
Investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

O congreso desenvolverase en liña ata o vindeiro 6 de novembro e contará cos relatorios de 24 mulleres, relacionadas co mundo académico, coa intención de analizar, dende a súa experiencia, as diversas causas que deteñen ou dificultan as carreiras das mulleres en Ecoloxía, como a invisibilidade, a desigualdade nos coidados e a conciliación familiar ou o acoso

III SEMANA DA CIENCIA

Pola súa parte, a III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC estará encabezado polo relatorio A que soa o Universo? da experta en ondas gravitacionais, Gabriela González, seguido dun programa de actividades en liña nas que as mulleres serán as protagonistas.

Ademais, o 11 de novembro celebrarase o debate Física: unha ciencia sen xénero?, no que se exporá a falta de presenza feminina nos estudos do grao de Física, nos que as alumnas representan en torno ao 30%. Neste debate participarán Ana Jesús López, presidenta de AMIT- Gal e vicepresidenta do Grupo de Mulleres en Física da Real Sociedade Española de Física; Yolanda Lozano de Gender in High Energy Theory - CERN e Beatriz G. Plana do IGFAE; tres expertas en igualdade de xénero que exporán algúns datos e iniciativas que se están a desenvolver para reverter esta situación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta