Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2020 | Actualizada ás 15:45
"Non estamos facendo menos PCR. O que pasa é que durante a fin de semana o Goberno central non dá datos". Así, respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos que acusan á Xunta de facer menos probas PCR desde inicios deste mes. Neste sentido, acusou ao Executivo de Pedro Sánchez de non contabilizar 60.000 probas realizadas polo sistema "pool testing".
Este sistema realizouse principalmente no hospital do Meixoeiro. Son os chamados test rápidos, un mecanismo sinxelo, rápido e económico que mestura as extracións de varias persoas e as testea como se só fora unha. Se o resultado é negativo entendese que todas están libres da covid-19. Se é positivo pois se repite a proba de forma individual a cada un dos pacientes. "Somos os que máis test facemos", dixo Feijóo en realición a estas probas das que xa se fixeron sobre 60.000. Sen embargo, o Goberno central entende que este sistema pode dar lugar a erros, como así ten acontecido en varias autonomías.
Feijóo respondeu así tras preguntarlle GC sobre o descenso cuantitativo de probas. Así, na xornada de onte foron realizadas un total de 8.128, un 20'5% menos que en xornadas como o 31/10, antes de que Feijóo comunicara ós sanitarios que debían de deixar de facer PCRs a contactos próximos de contaxiados. Tamén baixou un 21,5% a media de PCRs realizadas dende a xornada do día 5, na que Feijóo emite a orde de confinamento.
"EFECTO ARRASTRE"
Con todo, o presidente galego defendeu que, a pesar de non contabilizarse estas probas, a Xunta é un dos gobernos autonómicos que máis probas fai e que só baixan as fins de semana, "pero logo volven reequilibrarse ao longo da semana", asegurou.
Tamén dixo que o número de mortos rexistrados este pasado luns, 9 de novembro, e o anterior, o 2 de novembro, --21 os dous días--, débese ao "efecto arrastre da fin de semana" e criticou que, mentres Galicia, dá información, o Goberno central non o faga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.