Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 10:00
O coidado aos pacientes pode ter premio. Alén dos aplausos das primeiras semanas, a dedicación dos sanitarios galegos podería rematar recoñecida cun premio a nivel estatal. E é que a Unidade de Coidados Paliativos do Clínico da Coruña vén de ser nominada aos premios Best in Class, que cada ano premian a "excelencia" na atención prestada aos pacientes.
Juan San Martín, xefe da unidade, fala con orgullo do traballo desenvolto nos últimos meses. Aínda que, pola natureza dos coidados, non chegaron a tratar pacientes covid, a unidade viuse afectada pola emerxencia sanitaria ao ceder a tres profesionais habituais. O servizo, porén, mantivo a calidade "doutros anos" e, tras cumprimentar un formulario homologado, recibiron a noticia da nominación.
Este recoñecemento, porén, non é novo,xa que os profesionais da UCP do Chuac foron recoñecidos coa mesma nominación no certame do ano pasado. A Unidade de Paliativos, situada na zona de Oza, consolídase como un serrvizo enfocada de xeito "específico" ao tratamento paliativo dende a súa inauguración en 1996. Nonito, que se mostra "moi agradecido" pola nominación, leva dende o comezo á cabeza da unidade.
38 ANOS AO SERVIZO DA SANIDADE
O caso de Juan San Martín dá proba da dedicación dun profesional comprometido coa súa área de traballo. Este sanitario, que, di, vén de cumprir 64 anos "sen darme de conta", acumula 38 anos de servizo ás súas costas. Polo momento non pensa xubilarse, e olla con ilusión ao certame. Con todo, sinala que pouco importa xa se o xurado outorga a máxima consideración ao CHUAC: "chegar ata aquí é un gran recoñecemento".
O galardón Best In Class outórgase cada ano dende 2007 ao mellor hospital ou área do Estado, entre outras cuestións. Compiten tanto servizos públicos como privados: o único requerimento é que pertenzan á Atención Primaria e, por suposto, preten un servizo digno de mérito. O CHUAC, onde se inscribe a UCP comandada por Nonito, xa foi premiado en varias ocasións-
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.