Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 15:12
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao hospital a unha muller de 63 anos que foi sacada da auga en estado incosciente na Praia de Santa Comba, en Ferrol.
Diso informaron a Europa Press fontes de Protección Civil da localidade, que ratificaron que foi evacuada nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Arquitecto Marcide. As mesmas fontes indicaron que no momento do traslado xa estaba consciente.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas do suceso, os feitos ocorreron poucos minutos antes das 12,00 horas nas proximidades das escaleiras principais que dan acceso ao areal. Neste momento, varios particulares contactaron co 112 para pedir asistencia urxente para unha persoa á que sacaran da auga en estado inconsciente.
O 112 deu aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos efectivos de Protección Civil de Ferrol. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que a muller foi evacuada ao centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.