Por E.P. | A Coruña | 03/12/2020 | Actualizada ás 19:48
O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) e o Centro de Investigación TIC (CITIC) colaboran na posta en marchadel proxecto 'Talentos Inclusivos', co que se pretende resolver algúns dos retos diarios aos que se enfrontan as persoas con parálise cerebral a través da aplicación da tecnoloxía.
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu, este xoves, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a presentación desta iniciativa que conta coa participación de Aspace Coruña e de ata oito institutos e colexios de secundaria da provincia da Coruña.
O proxecto recibiu, entre outras, unha axuda económica da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no marco da convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación.
No acto, incidiuse na importancia de formar á mocidade "en valores humanos, vocación de servizo, mérito e compromiso cos demais", ao aludir aos obxectivos desta iniciativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.