O Parlamento galego pide o traspaso á Xunta dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Galicia

Solicita competencias da súa xestión económico-administrativa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/12/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para iniciar o procedemento para o traspaso de competencias da xestión económico-administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía.

Centro Oceanográfico de Vigo
Centro Oceanográfico de Vigo | Fonte: IEO.

Previa a esta solicitude, a Cámara solicita, nun acordo por unanimidade na comisión de pesca, "o saneamento e a rearticulación organizativa" do instituto.

O obxectivo é que estes centros pasen a formar parte da estrutura da Xunta, segundo recolle a iniciativa, que partiu do BNG pero foi modificada e saíu adiante co apoio dos tres grupos.

Desta forma, o texto tamén require "instar o Ministerio de Asuntos Económicos a que, mentres non se dea traslado ás competencias plenas, se inicie un proceso de colaboración entre a Xunta e os centros e as infraestruturas do instituto, en concreto para os centros e infraestruturas con sede en Galicia, na Coruña e en Vigo, para ser xestionados segundo as necesidades do sector marítimo-pesqueiro galego e da administración autonómica, e sempre en colaboración coas restantes comunidades e entidades e organismos investigadores internacionais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta