A covid non para a tempada de lamprea nos ríos Ulla e Tea

O período para o rexistro de peticións arrinca este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A Xunta abre este venres o prazo para presentar solicitudes para obter licenza para a pesca da lamprea nos ríos Ulla e Tea durante a tempada de 2021. Deste xeito, o período hábil para o rexistro de peticións arrinca este venres para ambos os ríos pero será máis curto para o Tea (10 días hábiles) que para o Ulla (15 días hábiles).

Así, a tempada de pesca no Tea arrincará o 1 de febreiro e durará ata o 15 de maio. Durante ese tempo estará permitida a pesca en días alternos: luns, mércores e venres nas estacadas impares e martes, xoves e sábados desde as pares.

A pesca da lamprea realízase a través de procedementos e artes tradicionais que non están permitidas para o resto de especies. Así, cada ano establécese un réxime especial para a súa pesca co obxectivo de levar a cabo "un aproveitamento específico e ordenado" desta especie, segundo explica a Xunta.

No río Ulla existen na actualidade 28 pesqueiras operativas. Para obter unha licenza, os interesados --que deben contar con licenza de pesca-- poden rexistrar a súa solicitude a partir deste venres e durante os próximos 15 diás hábiles. Así as cousas, a normativa establece do 4 de xaneiro ao 27 de marzo como o período permitido para pescar nas de Areas --en Herbón (Padrón)--, do 1 de febreiro ao 24 de abril en Trapa --Herbón-- e do 8 de febreiro ao 8 de maio nas pesqueiras de Carcacía e Pesqueiras.

Lamprea. FLICKR/GAELX - Arquivo / Europa Press
Lamprea. FLICKR/GAELX - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta