Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2020 | Actualizada ás 21:32
Seis persoas morreron este domingo diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.312 falecementos desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade.
Os falecementos son os dun home de 77 anos e unha muller de 91 falecidos no CHUF de Ferrol. Unha muller de 71 e un home tamén de 71 mortos no CHUAC da Coruña. Unha muller de 87 anos falecida no CHUO de Ourense procedente da residencia San Antonio de Beariz e un home de 84 anos morto no CHUVI de Vigo.
O servizo galego de saúde indica que os falecidos tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.